Cortes de papel

Por Óscar Otero

Navegando polo sitio web de Anthony Hobday, cheguei a esta lista de termos de deseño pouco comúns —eu a penas coñecía dous ou tres— e gustoume moito o «paper cut problem», pequenos problemas que son como cortes de papel: un só non fai moito dano pero centos deles doen bastante.

Creo que esa é unha das claves para chegar a altos niveis de calidade no deseño dixital, solucionar eses cortes de papel. Pequenas cousas que se van deixando porque tendemos a velas de forma illada e total, tampouco é un problema tan grande, non? Ata que nos damos conta que é a suma de todas elas a que fai que interface non mole. Moitas veces, a diferencia entre un produto mediocre ou suficientemente bo e algo excelente está precisamente na ausencia deses cortes de papel.

A evolución e mellora dun produto non debería basearse só en engadir novas funcionalidades, senón, sobre todo, en ir afinando e corrixindo estas pequenas molestias.