Por Óscar Otero —
Esta semana publiquei unha nova versión de Lume. Como todas as versións «minor», vai dedicada a unha persoa galega que neste caso tocoulle a Castelao. Xa sei que está un pouco trillado pero nalgún momento tiña que saír.
Isto fixo que me lembrase de «Memes da vida», un xerador de memes que fixen hai 7 anos durante un fin de semana e que usa algunhas das ilustracións de Castelao da súa serie «Cousas da vida». Podes ver o código fonte en GitHub.
.png)