Outra vez o das flechiñas nas ligazóns

Por Óscar Otero

Na cuarta entrega do boletín conXeito que escribín durante a pandemia, abordaba o tema dos cursores nas ligazóns e botóns. Hoxe en día creo xa está universalmente aceptado que calquera cousa interactiva na web vai ter o cursor de tipo punteiro, e se queres evitar discusións ou ter que xustificarte, o mellor é seguir esa convención e xa podes marchar ao bar.

No último redeseño do blog de Marcin Wichary —do que falei no meu post anterior sobre referentes— fixo unha cousa interesante que explica no punto 2 e que lembrou ao artigo que escribira.

As ligazóns que se despregan na propia páxina teñen o cursor da frecha, como se fosen botóns. E cando as pulsas coa tecla cmd ou control (para abrilas nunha nova lapela), cambia o cursor para o punteiro. Un pequeno detalle de deseño que non ten en conta se o elemento é realmente unha ligazón ou un botón (sempre é unha ligazón) senón que se basea no seu comportamento (a veces comportase como botón, outras veces como ligazón). Non sei que pensarán os puristas, pero a min pareceume unha solución moi intelixente e novedosa.